SanidadeÚltima hora

As xornadas “Autismo: La mirada del otro”, o 11 de abril no Multiusos do Barco

 

No marco da celebración o 2 de abril do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, a Asociación de Asperger e Trastornos do Espectro Autista de Valdeorras (ASTEAVAL) continúa organizando actividades para concienciar e darlle visibilidade a esta realidade.

Así, no eido da educación e da formación, ASTEAVAL promove as xornadas “Autismo: A Mirada do Outro”, previstas para o sábado 11 de abril ás 16:00h no Salón de Actos do Concello do Barco (terceiro andar).

Estas charlas, de acceso libre, contarán coa participación de expertas como Jennifer Rodríguez Guijarro (traballadora social) co relatorio “Do diagnóstico á vida diaria”, Marián Guitián Sarria (mestra e nai) abordará na súa intervención a “realidade do día a día e o poder da aula” e Ester Pérez Ribada (emprendedora TEA) centrarase na temática “o autismo no ten idade”. O foro concluirá concluíndo cunha mesa redonda e debate.

Back to top button