DeportesÚltima hora

A etapa raíña da volta ciclista O Gran Camiño percorrerá, o 17 de abril, uns 145 km entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo

A Subdelegación do Goberno en Ourense acollía hoxe a xunta de seguridade para coordinar o dispositivo especial

 

Na mañá deste mércores 8 de abril, a Subdelegación do Goberno en Ourense acollía a xunta de seguridade para coordinar o dispositivo especial que se despregará con motivo da celebración da competición ciclista O Gran Camiño 2026, cuxa etapa raíña será na provincia de Ourense o 17 de abril, entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo.

Á reunión, presidida polo secretario xeral da Subdelegación do Goberno en Ourense, Manuel Arias Carral, asistían o director xeral da volta ciclista O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como representantes da Xunta, de Emerxencias e dos Concellos polos que pasará a proba.

 

O Gran Camiño 2026.

 

O obxectivo da xunta foi coordinar de forma efectiva a todos os corpos de seguridade, profesional de emerxencias, autoridades e persoal organizador para garantir a seguridade e a integridade de espectadores e participantes e que a proba poida desenvolverse con total normalidade.

A etapa 4, Camiño de Ourense, terá un percorrido de 145,70 quilómetros, con saída en Xinzo de Limia ás 11:50 horas. Pasará polos municipios de Sandiás, Allariz, Barbadás, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Nogueira  de Ramuín, Parada de Sil, Maceda e Xunqueira de Espadanedo.

Back to top button