OurenseÚltima hora

O IV Foro Rural Sustentable celebrarase do 17 ao 19 de abril no Castro Caldelas

Vista de Castro Caldelas co castelo ao fondo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cuarta edición do Foro Rural Sustentable celebrarase, na súa edición 2026, os días 17, 18 e 19 de abril en O Castro de Caldelas. O seu programa comezará o venres 17 cunha serie de sesións de traballo cos expertos invitados para xerar un documento basee de propostas estruturadas, que servirá como punto de partida para o foro público.

O sábado 18 participarán neste encontro o comunicador Emilio del Río; o xornalista Manuel Campo Vidal; o politólogo Manuel Mostaza; a fundadora de Pazo de Vilane, Nuria Varela-Portas; Lucías Castro, xerente de Datalife, Hub de Innovación Dixital das PEMES Rurais; ou as novas granxeiras Lucía Martínez, Lucía López e Rocío Vázquez.

O foro nace “cun propósito claro: converter o rural nun espazo de prosperidade, impulsando procesos reais de cambio a través do coñecemento, a colaboración e a xeración de propostas concretas”, segundo os promotores.

O Foro Rural Sustentable 2026 xurde como “un lugar onde o rural se proxecta con estratexia, activando a transformación a través dos verdadeiros axentes do cambio. Este proceso de escoita, deseñado desde o propio rural, busca xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios que contribúan á prosperidade do rural”.

A edición 2026 marca un punto de inflexión co traslado do Foro a unha nova sede en plena Ribeira Sacra: o Castelo do Castro de Caldelas, “un lugar que invita a reflexionar sobre a prosperidade do medio rural, que nunca é azarosa, senón que xorde da capacidade dos territorios para organizarse, protexer os seus recursos e xerar comunidade”, din os promotores do evento.

O Foro Rural Sustentable

O Foro Rural Sustentable é un evento anual da Fundación Galicia Sustentable impulsado por grandes compañías ligados ao sector primario axentes da sociedade civil para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están a realizar unha contribución á sustentabilidade do rural.

Back to top button