CarballedaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) rende culto á Virxe da Encarnación no día grande das súas festas patronais

 

Coa ameaza da chuvia e ao ritmo da Charanga TDB comezaba a xornada deste luns 13 de abril en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), a última das festas patronais na honra de Nosa Señora da Encarnación que comezaban o sábado co concerto que daba Mocedades dentro da súa xira Eres tú, 50 aniversario.

 

 

Tralo pasarrúas a cargo da charanga, ás 12:30 horas saía da igrexa parroquial a procesión encabezada pola imaxe da Virxe e, tras percorrer as rúas da vila acompañada polos fegreses entre os que estaba a alcaldesa Mª Carmen González e membros da corporación, así como un alto mando da Garda Civil de Valdeorras, oficiábase a misa solemne xa no interior do templo, presidida polo párroco, Juan José Prieto, que estaba acompañado por tres sacerdotes, entre eles o párroco do Barco Jesús Álvarez.

 

 

De seguido tiña lugar a sesión vermú a cargo da charanga trivesa que tamén acompañaba á procesión. Moita xente tomaba unha caña ou un viño os locais de hostaría de Sobradelo.

 

 

As festas de Sobradelo, que coma sempre abren a tempada estival festiva na comarca de Valdeorras e incluía música, actividades para os nenos e ata fogos artificiais, rematarán esta tarde coa sesión longa, sen verbena, a cargo da orquestra Costa Dorada.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button