
A operación antidroga que a Garda Civil realizaba no Barco de Valdeorras na mañá do mércores 15 de abril, daba como resultado a detención de oito persoas, tal como confirman dende a propia Garda Civil, se ben o caso permanece baixo segreto de sumario.
Lembramos o amplo operativo incluía numerosos axentes de diferentes grupos, algúns incluso co equipo canino, ademais dun helicóptero que sobrevoaba a baixa altura distintas zonas do casco urbano, centrándose na rúa Ramón y Cajal.