
Na mañá deste domingo 19 de abril inaugurábanse os Xogos Special Olympics Galicia nas pistas do Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei, nunha xornada marcada polo deporte, a convivencia e a inclusión.
Durante o acto, ao que acudía presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, destacou o valor desta iniciativa como “un exemplo de igualdade de oportunidades e de participación real das persoas con discapacidade intelectual”, subliñando o compromiso da institución provincial co apoio ao deporte inclusivo como ferramenta de cohesión social.

Os xogos, promovidos pola asociación As Burgas coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, reuniron a deportistas de toda a comunidade nunha cita que puxo de manifesto valores como o esforzo, o compañeirismo e a superación persoal.
Entre os colectivos participantes está Asfaval, Asociación de Familiares de Personas con Discapacidad Intelectual de Valdeorras.
