
O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, detivo a un veciño de Ourense de 45 anos de idade, como presunto autor dun delito de estafa. A detención derívase dunha denuncia presentada no Cuartel da Garda Civil
de Nalda (A Rioxa), na que unha cidadán denuncia, que tras abonarlle 66.600 euros pola compra dunha caravana e un coche o detido non lle fixo entrega dos vehículos.
Ademais, a Garda Civil incautouse dos dous vehículos relacionados co feito delituoso, cando o detido dispoñíase a pasar a revisión de ITV en Ourense. Ao detido figúranlle outras dúas imputacións por estafa nos Xulgados de Logroño e Badaxoz.