ConcellosNogueira de RamuínÚltima hora

Falece unha persoa tras caer coa súa moto en Nogueira de Ramuín

 

No mediodía deste venres 24 de abril producíase un accidente mortal no que se vía implicado un único vehículo e no que falecía unha muller tras caer coa súa moto en Nogueira de Ramuín, tal como indican dende o 112 Galicia que tiña coñecemento deste accidente uns dez minutos despois das 12 horas.

“Polo que indicou o alertador, producírase unha caída de moto en Luíntra, a carón dun polígono e a persoa implicada atopábase inconsciente”. Con esta información, desde o CIAE 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. “Tamén se compartiu a información co GES do pereiro de Aguiar, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín”, engaden dende o 112, concluíndo que logo da chegada dos servizos de emerxencia ata o lugar, “nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima”.

Back to top button