SanidadeÚltima hora

Unha exposición moi especial á entrada do Hospital de Día de Psiquiatría

 

Os cadros realizados polos propios pacientes no obradoiro de pintura desenvolvido coa colaboración dos membros da comunidade Black & Chain Community presiden xa a entrada ao Hospital de Día de Psiquiatría. Esta actividade foi posible grazas ao convenio de colaboración asinado entre esta asociación cultura e a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, que permite achegar ao entorno sanitario novas propostas culturais, sociais e creativas abertas á participación dos pacientes.

Black & Chain Community naceu en Ourense como unha incubadora cultural, tecnolóxica e social, con vocación de servizo á sociedade, e de apoio á creación artística en diferentes disciplinas. Entre as súas actividades promove obradoiros, exposicións e espazos de encontro entre artistas, profesionais e cidadanía.

Esta colaboración xa permitiu tamén levar a arte a outros espazos asistenciais, como a exposición permanente do fotógrafo ourensán Santiago Barreiros nas salas de espera de Oncoloxía, unha mostra que abre unha xanela ao mar desde o hospital.

 

Back to top button