OurenseÚltima hora

Visita xeoarqueolóxica pola Serra de San Mamede o 9 de maio para celebrar o “Xeolodía” na provincia

Trátase dunha excursión gratuíta que partirá de Maceda e que será guiada polo xeólogo Víctor Barrientos,

 

A fin de semana do 9 e 10 de maio volve o “Xeolodía”, o gran evento anual de divulgación xeolósica organizado pola Sociedad Geológica de España (SGE) co apoio de numerosas entidades tanto nacionais como locais. A cita, que se desenvolve nas 50 provincias españolas, entre as de Ourense e Lugo, ofrece percorridos xeolóxicos gratuítos e abertos a todos os públicos, ademais de diversas actividades virtuais: vídeo-roteiros geolóxicos, Xeocharlas e ata un videoxogo.

No caso da provincia de Ourense, esta actividade está prevista para o sábado 9 de maio e terá como temática “Impacto dos incendios na Serra de San Mamede. Unha mirada ao seu patrimonio xeoarqueolóxico” e será guiada por Víctor Barrientos. As persoas interesadas poden inscribirse en victor.barrientos@udc.es.

Quen asista ás excursións presenciais poderá descubrir a estreita relación entre xeoloxía e vida cotiá a través de orixinais e sorprendentes propostas. E entre as iniciativas online figuran as “Xeocharlas virtuais”: unha serie de vídeos curtos que tratan a relación da Geología con os retos sociais e que a SGE ofrece na súa canle de Youtube.

Ademais, o Xeolodía también inclúe os “Xeolodías Especiais”, excursións virtuais en formato vińdeo que levan a lugares tan recónditos como os fondos submariños, e, como fin de festa para un mes de maio xeolóxico, a estrea do videoxogo “Regreso ao Pasado. Geoescaperoom”.

O “Xeolodía” é unha actividade organizada pola Sociedad Geológica de España coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o Instituto Geológico e Mineiro de España (IGME-CSIC), a International Association of Sedimentologists (IAS), a AEPECT, Repsol, Geología365, a AGGEP e varias decenas de institucións e empresas máis.

Back to top button