En portadaÚltima horaVídeos

En xuño comezará o obradoiro dual de emprego “Valdeorras embelece V”, nos concellos do Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín

Unha nova edición do obradoiro dual de emprego “Valdeorras embelece V” presentábase esta mañá salón de actos do edificio Multiusos do Barco. Nesta iniciativa participan os concellos do Barco, Vilamartín, Petín e, por primeira vez este ano, A Rúa. Esta iniciativa foi aprobado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que aporta 454.552 euros de subvención.

 

 

Neste obradoiro, cuxo inicio está previsto para xuño e que terá unha duración de nove meses, poderán participar un total de 20 alumnos/traballadores destes catro municipio. Durante o seu desenvolvemento, o alumnado recibirá formación en actividades auxiliares en viveiros, xardíns, centros de xardinería (12 alumnos/as), e traballos de carpintería e moble (8 alumnos/as).

Ademais, contará esta iniciativa cun equipo de persoal composto por un director, tres docentes e un administrativo de apoio, todos con xornada completa de traballo, e un docente de educación básica, con xornada de 30 horas semanais, tal e como detallaba na presentación o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quen tamén matizaba que esta última formación habilita aos estudantes para obter o título da E.S.O., instruíndoos nas materias correspondentes para realizar a proba de obtención da titulación en Ourense.

 

 

Pola súa banda, a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, aludía á importancia dos obradoiros para concellos pequenos, dadas as limitacións de persoal que teñen. Así este tipo de programas permítenlle desenvolver obras de mantemento e tamén outras novas que, doutro xeito, sería moi difícil acometer.

 

 

De maneira semellante se manifestaba o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, quen ademais destacaba o dobre beneficio dos obradoiros, posto que, ademais de resultar moi útiles para os concellos tamén permiten formar ás persoas e abrirlles unha oportunidade laboral. Finalmente, dáballe a benvida ao Concello da Rúa a este obradoiro, representado pola súa tenente de alcalde, Ana Fernández Vizcaya, quen incidía tamén no valor formativo e laboral destes obradoiros e adiantaba que, entre as actuacións que prevén desenvolver na Rúa figura obras na Rega, afectada polas recentes tormentas.

 

 

Este obradoiro terá como obxectos de actuación para a súa execución, os seguintes:

No Concello do Barco:
– Elaboración e colocación de bancos de madeira no municipio do Barco.
– Elaboración e colocación de marquesinas de madeira en ASFAVAL.
– Valado parques infantís en O Barco.
– Elaboración e colocación de cobrecontedores no municipio do Barco.
– Acondicionamento dos xardíns de diversos núcleos do municipio do Barco.

No Concello de Petín:
– Acondicionamento praza Freixido en Petín.
– Elaboración e colocación de xardineiras de madeira en Petín.
– Acondicionamento zona deportiva Petín: piscinas, xogos biosaudables e petanca en Petín.
– Valado Casa do Pobo e taboleiro de anuncios Carballal en Petín.
– Poda en xardíns de diversos núcleos do municipio de Petín.

 

 

 

No Concello da Rua:
– Acondicionamento de parcela verde fronte a residencia terceira idade en A Rúa.
– Reparación de rega e acondicionamento zona verde Aguillón en A Rúa.
– Elaboración e colocación de cobrecontedores do municipio de A Rúa.
– Acondicionamento xardíns de diversos núcleos do municipio de A Rúa.

No Concello de Vilamartín de Valdeorras:
– Valado zonas con desnivel en áreas afectadas por incendios en Vilamartín.
– Elaboración e colocación de bancos de madeira no municipio de Vilamartín de Valdeorras.
– Acondicionamento de xardíns de diversos núcleos do municipio de Vilamartín.
– Elaboración e colocación de cobrecontedores no municipio de Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella

Vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button