Na tarde deste mércores 6 de maio, inaugurábase na entrada do Centro Cultural Avenida da Rúa unha exposición con pinturas representativas da faceta surrealista do artista local José Manuel Álvarez Domínguez “Lito”, autor de obras cun estilo moi característico (un universo propio) e moi personais, facilmente recoñecibles.
Tal como explicou o propio artista, comezou a pintar con este estilo aos 20 anos. “Pouco despois colleume un marchante de Vigo e traballei para el en exclusiva durante 10 anos”, conta Lito, que despois xa cambou un pouco a técnica e pintaba paisaxes, modelos,… aínda que “seguía pintando cadros surrealistas de cando en vez”, asegura.

Cinco ou seis cadros que forman parte desta exposición, de gran tamaño, son da súa primeira etapa, o resto son creacións que fixo nos últimos meses.
Á inauguración asistían membros da corporación municipal da Rúa, veciños e tamén o artista barquense Xelo de Tremiñá.
O venres día 8 ás 20 horas, José Manuel Álvarez presentará na biblioteca municipal o seu novo libro sobre surrealismo.



Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.