ConcellosQuirogaÚltima hora

Gran expectación na visita da Garda Real a Quiroga

 

Na tarde deste xoves 7 de maio a Agrupación Mixta da Garda Real, subunidade integrada por soldados dos grupos de apoio e de loxística, visitaba a vila de Quiroga realizando varias actividades ao longo dunhas catro horas na praza de España Con coas que, ademais do adestramento das unidades, pretenden amosar á cidadanía como é o traballo e o funcionamento deste corpo militar.

 

 

Alí, houbo pista de obstáculos infantil, estación de transmisións de radio, estación de uniformidades oficiais da Garda Real, exposicións de armamento, material de seguridade, drons de seguridade e material contraincendios; e tamén voo de drons. O programa incluía visita á Residencia de Maiores e acto de izado da bandeira nacional.

 

 

A visita da Garda Real a Quiroga forma parte do programa que este corpo adicado á protección do Rei de España e á familia real realizará pola provincia de Lugo, co obxectivo de “achegar esta unidade á cidadanía e proxectar unha imaxe de excelencia, servizo e proximidade”.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button