
Dende O Trisquel de Trevinca (empresa de actividades en montaña) organizarase o vindeiro sábado día 16 de maio a actividade de natureza “A Floración das Ericas (brezos)” e incluirá un percorrido pola pista das minas de volframio en Vilanova (A Veiga). No seu desenvolvemento colabora con “España en Floración”, (https://floracion.es) premiado como mellor e innovador proxecto de Turismo Activo en Fitur 2025.
“O proxecto “Experiencia España en Floración” é unha iniciativa innovadora que pon en valor o potencial turístico que ten un fenómeno natural como a floración dos campos de froiteiros e paraxes repartidas por toda xeografía nacional, creando sinerxías que impulsen á España rural a través do turismo, e poñendo en marcha acciones de promoción conxunta que benefician a todos os territorios e actividades económicas”, explican os promotores da actividade.
Nesta ocasión dende O Trisquel buscan “dar a coñecer as paisaxes de cor que producen os brezos das Montañas de Trevinca, creando un mosaico de brancos, rosas e vermellos que neste mes de maio adornan as nosas montañas”.
