CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O IES Martaguisela do Barco despide ao alumnado de 2º de Bacharelato cun emotivo acto de graduación

 

Este xoves 14 de maio era o día elixido polos institutos valdeorreses para celebrar as graduacións dos alumnos de 2º de Bacharelato que este ano deixan o centro.

 

 

No caso do IES Martaguisela tiña lugar no Salón de Actos, cun evento moi especial, emotivo e festivo, con grandes doses de nervios e emocións que se ían intercalando nunha gala coidada ata o mínimo detalle, na que despedían aos 54 alumnos que comezan unha nova etapa, tras seis anos no Instituto.

 

 

Con algunha que outra sorpresa, non faltaban os discursos por parte das familias, do alumnado que poñía a nota de humor cun discurso a dúo moi traballado en clave de humor e, por suposto, as intervencións do profesorado, na persoa dun dos titores que este ano tamén deixa o centro e que fixo chorar a máis dun, cun discurso sacado do corazón. Igual que os de dous alumnos que arrincaron sonoros aplausos.

 

 

Os graduados./ Foto cedida.

 

Tampouco faltou a entrega dos diplomas e a tradicional imposición de bandas, antes da merenda servida no patio para todos os asistentes.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button