SanidadeÚltima horaVídeos

Expertas en trastorno do espectro autista participan na xornada ‘TEAcompaño para toda a vida’ na Rúa

 

Da man de ASTEAVAL (Asociación de Asperger e Trastornos do Espectro Autista de Valdeorras) na mañá deste sábado 16 de maio celebrábase no Centro Cultural da Rúa unha xornada para continuar divulgando e visibilizar esta realidade, así como concienciar sobre ela.

Baixo o  título “TEAcompaño para toda a vida”, cinco expertas na materia expoñían a súa experiencia aportando datos de utilidade para o público asistentes. A psicóloga Antía López falaba sobre a adaptación das persoas con autismo; a logopeda Paula López sobre a linguaxe e conexión; a terapeuta ocupacional Ana Quintanas sobre a integración sensorial; a mestra en pedagoxía terapéutica Marina Puga sobre diagnóstico e intevención dun profesional dentro da aula;  Ester Pérez, emprendedora TEA diagnosticada aos 42 anos, sobre a orixe do autismo e o mercado laboral.

Esta xornada daba continuidade a outras actividades xa organizadas en abril no Barco no marco da celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button