Na estela do que está a suceder noutros puntos da xeografía galega, a comarca de Valdeorras tamén se está organizando para crear unha plataforma en defensa dos seus xulgados. Con ese obxectivo está convocada unha xuntanza para o día 10 de xullo ás 20 horas no edificio multiusos do Barco. Nela preténdese constituír a Plataforma Cidadá pola defensa dos Xulgados de Valdeorras.