A RúaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Abertal canta, baila e toca polo Día das Letras Galegas, na Rúa

 

Cada ano a Asociación Cultural Abertal conmemora o Día das Letras, como unha das máximas representacións da cultura tradicional galega. Neste 2026 non foi unha excepción e na mañá deste domingo 17 de maio, poñía son e ritmo á xornada.

 

 

 

Pasadas as 12 horas, a Banda de Gaitas entraba tocando na praza do Concello da Rúa, seguida dunha boa representación da Escola de Gaitas e Baile Tradicional, para render a súa particular homenaxe á lingua galega. Primeiro facían unha introdución sobre a vida e obra da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño; e de seguido sucedíanse as actuacións dos grupos de baile e pandereteiras comezando polos máis pequeniños (algúns actuaban por primeira vez), continuano cos medianos (adolescentes) e rematando cos maiores, sendo a banda de gaitas quen pechaba o acto con catro pezas.

 

 

 

Nunha soleada mañá, A Rúa celebraba así o día da lingua galega.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button