OurenseÚltima horaVídeos

Izado de Bandeira na Subdelegación de Defensa en Ourense, dentro dos actos conmemorativos do Día das Forzas Armadas

 

No mediodía deste 20 de maio a sede da Subdelegación de Defensa en Ourense (situada na céntrica rúa do Paseo número 35), tiña lugar a celebración do solemne acto institucional de Izado de Bandeira, con motivo da celebración o próximo 30 de maio do Día das Forzas Armadas. Este acto enmárcase no programa da “Semana da Administración Aberta”.

 

 

Este acto estaba presidido polo subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler, Coronel do Corpo Xeral do Exército de Terra, quen indicía que este era un acto aberto á cidadanía para que se achegase e coñecese a Subdelegación de Defensa.

 

 

Despois, o coronel realizaba unha serie de visitas guiadas polo edificio da Subdelegación explicando algunhas das súas singularidades.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button