SanidadeÚltima hora

O conselleiro de Sanidade di que antes da fin do verán funcionará o equipo de hospitalización a domicilio en Verín

Antonio Gómez asegurába na sesión plenaria desta mañá no Parlamento de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, responde no Pleno unha interpelación a unha pregunta sobre a atención a domicilio no Hospital Público de Verín.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que antes de que remate o verán o Servizo Galego de Saúde porá en funcionamento un equipo de hospitalización a domicilio en Verín. Este equipo desprazarase ás vivendas dos pacientes que se atopen no réxime de hospitalización, á vez que prestará coidados paliativos a domicilio.

O máximo responsable do Sergas tamén referiu que o servizo de Medicina Interna do hospital conta actualmente con nove profesionais, dotación máis que suficiente para o seu funcionamento, o que posibilitará a posta en marcha do equipo de hospitalización a domicilio.

Tamén avanzou que a Xunta licitará este ano, cun investimento de 1,5 millóns de euros, o proxecto de reforma das instalacións da parte antiga do edificio, xunto co traslado do hospital de día ás antigas urxencias e a reforma dos baños dos cuartos de hospitalización.

Back to top button