Neste 21 de maio a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras volvía saír á rúa, neste caso, para celebrar o Día da Cuestación. Baixo o lema ‘Cando paras, movémonos contra o cancro’, a campaña pon o foco no valor dun xesto, pararse fronte a unha hucha ou mesa petitoria da Asociación, que, aínda que pareza un xesto pequeno, activa un movemento colectivo capaz de impulsar a investigación, mellorar a atención e xerar esperanza.
O cancro continúa sendo, a nivel global, o problema sociosanitario máis importante do mundo, xa que 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres padecerano ao longo da súa vida. Ante esta realidade, a Asociación Española contra o Cancro (AECC), que busca reducir o impacto do cancro en España, volve apelar á implicación de toda a sociedade a través dunha das súas iniciativas máis representativas, o Día da Cuestión.
Así á asociació sae á rúa pedir a colaboración e a implicación de toda a sociedade para seguir avanzando en investigación oncolóxica, co obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia en cancro en 2030, e reforzar a atención integral ás persoas afectadas pola enfermidade e as súas familias.