DeportesTenisÚltima hora

O CT Rúa ascende á División de Prata do tenis galego

 

O Club Tenis Rúa xa é un equipo prateado. Ba xornada do domingo 24 de maio o club rués lograba ascender á División de Prata do tenis galego ao derrotar en semifinais á Escola de Tenis Justo ao Revés por 4-3, despois de xogar, desde xaneiro a fase de grupos, na que o Club Tenis Rúa gañou todos os partidos.

O CT Rúa empezou a disputar hai un mes a fase de ascenso a División de Prata. “Na primeira eliminatoria pasamos exentos por ser campións de grupo; na segunda eliminatoria, cuartos de final, derrotamos en Ferrol ao Casino Ferrolán por 4-3 e onte derrotamos en semifinais á Escola de Tenis Justo ao Revés por 4-3”, explica Julio López, puntualizando que ascenden a División de Prata os finalistas e o terceiro clasificado.

 

Diego Blanco, capitán do Club Tenis Rúa.

 

Con este ascenso o Club Tenis Rúa convértese “no único equipo de Ourense que competirá, o ano que vén, en División de Prata”, asegura Julio, engadindo que os demais equipos de Ourense competirán en divisións inferiores, e agradecendo, en nome do club, “o compromiso de Miguel Blanco, Bruno López, Brian Izquierdo e do noso gran capitán, Diego Blanco”, que podendo xogar en equipos “con máis nome” decidiron defender a camiseta do Club Tenis Rúa.

 

Bruno López volveu este año a xogar co Club Tenis Rúa.

 

Doutra banda no Torneo de Primavera do Club Fluvial Lugo, dous xogadores do club proclamábanse sucampións, Uxía Gudiña en Alevín Feminino e Diego Blanco en Absoluto Masculino. Por parte do Rúa, neste torneo tamén participaban “e cunha moi boa actuación” Yago Rodríguez, Marcos Blanco, Joaquín Escuredo, Rafael Gudiña, Enzo Cao e Miguel Castro.

 

Diego Blanco, subcampión absoluto do Torneo de Primavera do Club Fluvial de Lugo.

 

Uxía Gudiña, subcampioa Alevín do Torneo de Primavera do Fluvial de Lugo.

 

Fotos cedidas.

Back to top button