ConcellosO Barco

As entradas para a III Cea Popular da Octava do Corpus de Viloira (O Barco) poranse á venda o 30 e 31 de maio

Asistentes á cea o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Viloira (O Barco de Valdeorras) prepárase para celebrar as Festas da Octava do Corpus que inclúen música, cultos e a terceira edición da cea popular que abrirá o programa o venres 12 de xuño.

Será a partir das 21:30 horas cun menú composto por empanada, langostinos, costela de tenreira con patacas, viño (Godello e Mencía), postre e chupitos.

Dende a comisión de festas lembras que as entradas (30 euros os adultos e 20 para os nenos ata 15 anos) poderán mercarse esta fin de semana, 30 de maio de 10 a 20 horas e o 31 de maio de 10 a 14 horas no “Baixo Maito” (bombas), na praza.

 

Back to top button