A primeira hora desta mañá de 26 de maio comezaban os ensaios do Acto Conmemorativo do 182 Aniversario da Fundación do Corpo da Garda Civil, que se desenvolverá no Barco este mércores 27 de maio.
O acto oficial desenvolverase na praza do Concello e comezará ás 12h. coa “Formación Fuerza”, incluirá, entre outros momentos, a lectura do decreto fundacional, a imposición de condecoracións, un recoñecemento a un garda veterano, as intervencións do comandante xefe accidental, do subdelegado do Goberno en Ourense e do alcalde do Barco, así como a homenaxe aos caídos, o himno do Corpo e, finalmente, retirada e desfile.
Cada un deses momentos ensaiábase nesta mañá, o que obrigaba a cortar ao tráfico varias vilas do centro da vila, entre elas a avenida Conde Fenosa e Marcelino Suárez e Suárez. Será entre Marcelino Suárez e a praza do Concello onde se desenvolverá o desfile.
Para o desenvolvemento destes ensaios contábase coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil do Barco, que regulaban o tráfico.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

