En portadaÚltima horaVídeos

Un desfile pecha a celebración na provincia do 182 Aniversario da Fundación da Garda Civil, no Barco

 

A céntrica avenida Marcelino Suárez do Barco era escenario no mediodía deste mércores 27 de maio dun desfile que saía e remataba na praza do Concello e co que se pechaba o Acto Conmemorativo na provincia do 182 aniversario da Fundación do Corpo da Garda Civil. Nel participaban axentes das diferentes unidades (entre elas as de Tráfico, o Servizo Cinolóxico, o GREIM e o Seprona), así como diversos vehículos e motos.

 

 

Este celebración contaba coa presenza de diversas autoridades, entre elas o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos e o alcalde do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso, que abrían o acto coas súas intervencións na praza onde non faltaba á homenaxe aos caídos e a interpretación do Himno da Garda Civil, antes da actuación dunha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación que abría o desfile.

 

 

Esta solemne celebración implicou cortes en varias rúas do centro da vila como Marcelino Suárez, Conde Fenosa, parte da rúa da Estación, doutor Pérez Lista e a rúa España, xa dende primeira hora da mañá, co tráfico controlado por axentes da Garda Civil, así como pola Policía Local e coa colaboración de Protección Civil do Barco e Petín, entre outros.

Ampliarase información e galería fotográfica.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button