O Centro de Saúde do Barco está a levar a cabo ao longo dos meses de maio e xuño un proxecto pioneiro de humanización da asistencia sanitaria dirixido aos escolares de 3 anos dos colexios do municipio. Esta campaña busca romper a clásica “bata fobia” e a ansiedade infantil.
Na mañá deste 2 de xuño era a quenda dos alumnos de 3 anos do CEIP Julio Gurriarán, que descubrían o lado máis próximo da sanidade pública. Esta campaña busca romper a clásica “bata fobia” e a ansiedade infantil, enxalzando de xeito moi especial o traballo de enfermeiras, hixienistas bucodentais e fisioterapeutas. profesionais que forman a primeira liña no coidado e a educación para a saúde da comunidade, amosando ademais que o centro de saúde conta cun equipo multidisciplinar que os acompaña no seu día a día para que crezan sans e fortes.
A través dun roteiro interactivo e lúdico, os pequenos do CEIP Julio Gurriarán e do resto de colexios participantes descobrían a través desta actividade que estes profesionais son os seus maiores aliados, en eidos como a Enfermería (coidado experto e proximidade), en Urxencias e Pediatria. Así as enfermeiras guían aos nenos en dous espazos cLave. Na Sala de Urxencias, ensínanlles con total naturalidade como funciona unha nebulización, que é un electrocardiograma e mesmo lles colocan eléctrodos para que vexan latexar o seu propio corazón no monitor, perdendo o medo ao instrumental técnico. Posteriormente, nas consultas de Pediatría, as enfermeiras desta área realizan un labor vital de educación comunitaria, ensinándolles pautas de alimentación e autocuidado para consolidar hábitos saudables desde os 3 anos.

Ademais, na consulta dental, a hixienista convértese nunha profesora de saúde oral. De forma moi didáctica e adaptada á súa idade. explícalles as técnicas correctas de cepillado e como previr as caries, transmitíndolles que coidar a boca pode ser divertido e que a prevención empeza no seu propio cepillo.
Os escolares tamén acceden á área de rehabilitación, onde a fisioterapeuta lles abre as portas dei ximnasio do centro de saúde. Alli explícalles como o exercicio pautado axuda ás. persoas a recuperarse, a gañar forza e a manter o corpo activo, transmitindo a importancia da psicomotricidade e a saúde fisica desde a infancia.
Con este proxecto de humanización, o Centro de Saúde do Barco non só reduce a tensión dos nenos ante futuras consultas, senón que dignifica e visibiliza o rol autónomo e Imprescindible da enfermería, a fisioterapia e a saúde bucodental na sanidade pública, tal e como destacan os seus promotores.
Ademais, desde o centro sanitario agradecen “a excelente disposición de todos os colexios do Barco que participan ao longo destes dous meses, así como o entusiasmo do profesorado do CEIP Julio Gurriarán e dos propios profesionais do centro, que se volcaron en facer desta experiencia un recordo positivo para os máis pequenos”.
Fotos cedidas.