SanidadeÚltima hora

A xenerosidade de 15 persoas e as súas familias permitía 35 trasplantes de ril, fígado e pulmón na provincia

O Hospital Universitario de Ourense continúa a ser un dos centros máis activos de Galicia na extracción de córneas das que tamén é centro de referencia en trasplante con trinta e dous trasplantes realizados polo Servizo de Oftalmoloxía

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase hoxe á celebración do Día Nacional do Doante, facendo público o seu agradecemento ás persoas  doantes e ás súas familias, cuxa xenerosidade e solidariedade, fixeron posible ofrecer unha nova oportunidade a máis dunha trintena de persoas mediante un transplante de ril, fígado ou pulmón e máis de oitenta trasplantes de córnea.

Esta nova oportunidade a fixo posible, en 2025, a solidariedade de quince persoas doantes de órganos e máis de corenta e catro de tecidos, e  as súas familias, que facilitaron e aprobaron este proceso no que o tempo é determinante. A súa solidariedade facilitou extraer con éxito e coordinar a realización de 23 trasplantes de ril, 9 de fígado e 3 de pulmón en toda a Comunidade Autónoma e no conxunto do país

Esta intensa actividade é posible grazas ao esforzo e compromiso da Unidade de Coordinación de Transplantes, formada en Ourense por dous enfermeiras e dous facultativos do Servizo de Medicina Intensiva que fan posible un proceso complexo, no que participan numerosos servizos hospitalarios, entre eles, especialmente Medicina Intensiva, ademais de Anestesia e Reanimación,  Neuroloxía, Oncoloxía Médica, Coidados Paliativos e Oftalmoloxía.

Dar a coñecer o desexo de ser doante

A coordinadora da Unidade de Trasplantes, Estefanía Prol, a súa vez facultativa do servizo de Medicina Intensiva subliña que este engranaxe non sería posible sen “o maior acto de solidario posible: axudar a outras persoa, dándolles unha nova oportunidade, sen sequera coñecelas” explica.

Ademais a Prol quere difundir neste día que “É importantísimo dar a coñecer ao noso entorno o noso desexo de ser doante” explica, xa que moitas veces é precisamente o descoñecemento da vontade do paciente, o que pode frear a aprobación dos seus achegados a doazón, decisión que plantexa nun momento crítico de gran dor para as familias, “coñecer de antemán a súa vontade facilita en gran medida a decisión da familia e por tanto o noso traballo, nun momento no que o tempo é esencial” subliña a coordinadora.

A coordinación entre os equipos asistenciais, a detección de posibles doantes, a información e acompañamento ás familias, e a organización dos procedementos de extracción e coordinación cos equipos de trasplante, constitúen unha tarefa esencial para garantir o éxito destas actuacións. A procedencia dos doantes de órganos continúa a ser maioritariamente da Unidade de Coidados Intensivos e, en menor medida de Reanimación.

Referencia galega na doazón e transplante de córnea

No ámbito da doazón de tecidos, o Hospital Universitario de Ourense mantense como un dos centros de referencia de Galicia na extracción de córneas, xunto co Hospital Universitario de a Coruña. Durante 2025 a solidariedade de corenta e catro persoas doantes, a maioría tras un proceso oncolóxico. A súa solidariedade facilitou a doazón de 87 córneas ao Banco de Tecidos de Galicia, para o seu posterior trasplante.

Esta intensa actividade de doazón compleméntase en Ourense coa actividade cirúrxica do Servizo de Oftalmoloxía do Hospital Universitario de Ourense, que realizou, en 2025, treinta e dous intervencións de transplante de córnea, devolvendo a visión a outros tantos pacientes da provincia, que poden beneficiarse deste procedemento sen necesidade de desprazarse a outros hospitais.

Back to top button