Levaban semanas expostas nos escaparates dos establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Eran as fotografías, inspiradas en frases de Begoña Caamaño, que resultaban premiadas na campaña das Letras Galegas que esta entidade promove, xunto cos centros de ensino do Barco e Rubiá. A través delas organizábase unha concorrida xincana. E hoxe volvían ás mans dos seus autores, que recollían ademais os premios do concurso.
Así, na tarde deste 3 de xuño a praza do Concello do Barco convertíase en escenario da entrega galardóns deste certame, coordinado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos sete centros (IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, Colexio Divina Pastora, os CEIPs Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo de Viloira, todos do Barco, e o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá) e polo CCA. Nel rendíaselle tributo á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, a xornalista e escritora Begoña Caamaño.
No acto participaban representantes dos EDLG, así como o presidente do Barco CCA, Jacobo Arias, quen agradecía a participación e o esforzo e traballo que hai arredor deste proxecto. Ademais anunciaba a intención de continuar con el nun futuro, se vén estase valorando a idea de introducir algunhas novidades.
Despois tiña lugar o acto de entrega dos vales de compra aos alumnos premiados (faltaba a estudante ganadora do IES Lauro Olmo) e tamén a ganadora da xincana, Inés Cela.

Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco.
Os alumnos premiados son:
– Noa Montero Casas do Colexio Divina Pastora
– Yaiza Guerreiro Fernández do IES Lauro Olmo
– Sara González Fernández do IES Martaguisela
– Uxía Rodríguez López do CEIP P. Condesa de Fenosa
– Aitor Guitián Fernández do CEIP P. Virxe do Camiño de Rubiá
– Yoel Lopes Real do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira
– Leo Núñez Macía do CEIP Julio Gurriarán
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.
