SanidadeÚltima hora

Concentración diante do Centro de Saúde de Viana para pedir solucións ás listas de agarda

 

Entre as localidades que secundaban a convocatoria de concentracións neste xoves, por parte de SOS Sanidade Pública para pedir solucións ás listas de agarda, estaba a de Viana do Bolo. Este acto reivindicativo tiña lugar diante do Centro de Saúde ás 12h. e contaba coa presenza de veciños, persoal do centro de saúde e tamén de reprsentantes políticos como a concelleira do BNG vianés, Graciela Diéguez.

Durante a concentración dábase lectura a un manifesto da plataforma, por parte de Suso Vilasánchez. Entre as cuestións que se reivindicaban para solucionar as listas de espera están “a transparencia na xestión” e a dotación dos profesionais necesarios.

Fotos cedidas.

Back to top button