ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Concello do Barco prevé cortar parte da estrada xeral da vila ao tráfico pesado por perigo de afundimento

Anunciábao esta tarde o alcalde, despois de que técnicos de saneamento detectasen a problemática

 

O tramo dende a avenida do Bierzo ata a rotonda de Cedie do Barco vaise cortar ao tráfico pesado. Así ao anunciaba o alcalde barquense, Aurentino Alonso, minutos antes do inicio da sesión plenaria deste xoves 4 de xuño. O motivo é que se detectou que o asfalto está descalzado, o que pode dar lugar a un posiblemente afundimento da estrada. Así viron os técnicos da auga logo dun problema detectado cun pozo de saneamento no inicio da rúa Santa Rita que, arestora nese punto está cortada ao tráfico de vehículos.

“Non se sabe canta zona de asfalto hai descalzada, o que nos vai obrigar a cortar ao paso de vehículos pesados dende a avenida do Bierzo ata a rotonda do Mercadona. E a partir de aí teremos que tomar medidas porque o máis posible é que hxa que abrir entre as rúas Santa Rita e Pescadores para facer ese paso a un colector novo, pero dende arriba non se sabe o que se fundiu”, dicía Alonso.

Preguntado pola oposición por quen tería que acometer a obra, o alcalde apuntaba que a estrada é do Ministerio de Mobilidade, pero, “o saneamento é noso”.

Fotos: O SIL.

Back to top button