CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco imponse ao CD Córgomo por 5 a 0 no partido solidario a beneficio da Cruz Vermella

 

O fútbol valdeorrés tamén contribúe ao labor social e benéfico que desenvolve Cruz Vermella. E así vén de demostrarse no partido que a partir das 20:30h. deste 4 de xuño se disputaba entre dous clubs de referencia na comarca de Valdeorras. Así o CD Barco (Terceira Federación) medíase co CD Córgomo Vilamartín (Primeira Futgal) no campo municipal de Calabagueiros, nun encontro no que se impoñian os locais por un marcador de 5 a 0.

Este encontro enmárcase na campaña Sorteo de Ouro “O que facemos polas persoas vale ouro” da Cruz Vermella.

Fotos cedidas.

Back to top button