A localidade valdeorresa de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras celebra nesta fin de semana das Festas do Corpus Christi que comezaban onte enficadas cara o público infantil cun Contacontos Musical a cargo de Jara Ortiz nas instalacións das Escolas Vellas. Xa pola noite a verbena estivo amenizada polo grupo La Banda de Ayer acompañado polas mesturas de Dj Chack Crespo.




Con todo o día grande é hoxe. A xornada festiva deste sábado 6 de xuño comezaba coa apertura matinal do Mercadiño popular na praza e xa cara o mediodía tiñan lugar os cultos, a celebración da solemne misa na honra do Corpus Christi, seguida da tradicional procesión amenizada pola charanga do Bierzo, Bembybrass.
Pola tarde, ás 16h. haberá Tiro ao Prato na contorna de Chao da Veiga; ás 17h. reabrirase o Mercadillo e á 18:30h,o espazo de lecer para os máis pequenos coa instalación de colchonetas gratis na praza. O baile estará amenizado polo grupo Pikante en sesión de tarde e verbena.


A festa rematará mañá, domingo 7 de xuño. Ás 11 horas terá lugar a reapertura matinal tanto do Mercadillo na praza como das competicións de Tiro ao Prato en Chao da Veiga. Ás 12:30h. terá lugar a Celebración da Palabra. E pola tarde, a partir das 16h. celebrarase a última sesión vespertina do torneo de Tiro ao Prato; de 17 a 20h. será a fase final do Mercadillo na praza para as últimas compras; e cara as 18h. dará inicio a actuación do Mago Roberto Lolo nas Escolas Vellas, pechando os festexos o espectáculo Luxor Music Show.



Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.