CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Os infantís do CD Barco ascenden á Primeira Futgal tras vencer na final ao Maceda

 

Misión cumprida. Na mañá deste sábado 6 de xuño o equipo infantil do CD Barco, selaba unha fantástica tempada logrando o merecido ascenso á Primeira Futgal, tras vencer na final ao Maceda.

 

 

Tras vencer ao CD Trives, 1-4 no partido de ida e 4-1 no de volta, os infantís do Barco chegaban á final. Hoxe saltaban ao terreo de xogo no Campiño de Vioira coa vantaxe do 0-4 conseguido no partido de ida, tardando 25 minutos en marcar o primeiro gol. No 33′ chegaba o segundo xa no 54′ anotaban os macedáns. Os locais, adestradospor Óscar Martín, seguían metidos de cheo no partido, marcando o terceiro gol no minuto 61. No 72′ anotaban de novo os visitantes pero quedaban sen tempo para máis rematando o encontro co 3-2.

 

 

Con este resultado, os barquenses celebraban a vitoria e o ascenso.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button