EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O II Camiño dos Fornos e das Airas de Soulecín (O Barco) reúne a unhas 250 persoas

 

Arredor de 250 persoas participaban na segunda edición do Camiño dos Fornos e das Airas, un evento cultural e gastronómico promovido pola Asociación de Veciños de Soulecín coa colaboración do Concello do Barco que se celebraba na xornada deste sábado 6 de xuño.

 

 

O programa comezaba cara as 11 horas cunha camiñada cultural dende a praza de Viloira ata a aldea de Soulecín, facendo parada nos puntos da súa rede etnográfica, entre eles, A Fervenza, A Aceña, O Forno, A Aira do Fondo, A Fonte, O Lavadoiro, A Aira do Teso, A Escola, A Aira do Pico, A Aira do Santiago e A Aira dos Bolos.  E xa a partir das 13:30 horas iniciábase o  percorrido circular por nos tres fornos que forman parte da ruta xunto a outras tantas airas con degustación de produtos da terra elaborados polos propios veciños: paella, empanada de maravallas, entremeses… Para beber, viño, auga, café e queimada.

 

 

Nun día soleado e sen excesivo calor, a xornada contou co compañamento musical dos Parrandas durante a ruta, e xa pola tarde de Doc Magoo’s e Dj Rafa.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button