DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras FSF vence ao Verín e pasa á final da Copa Deputación

 

A un paso da Copa Deputación de Ourense de Fútbol Sala Feminino. Así está o Rúa Valdeorras FSF que pasa á final tras vencer ao Verín en semifinais.

As rapazas de Jovito vencían 0-1 no partido de ida e na tarde do sábado 6 de xuño volvían vencer, desta volta en casa por 5-2, arroupadas pola afección.

Leti abria o marcador xa no minuto 6 e volvería marcar no 32′ e no 43′. Tamén marcaban Anxela (19′) e Julia (44′), sentenciando un gran partido (o último en casa) co que poñía o broche a unha boa tempada a expensas do que pase na final.

Fotos cedidas.

Back to top button