Despois da misa de Corpus Christi, que se celebraba ás 12h. na igrexa de Santa Rita do Barco, comezaba a procesión co Santísimo polas rúas da vila, encabezada polos nenos e nenas que neste ano facían a súa Primeira Comunión. Tras saír do templo, a procesión encamiñábase pola rúa Valorca, para logo dirixirse cara Manuel Quiroga ata entrar na zona vella por San Roque.

A partir de aí seguía polas rúas Real e Escura, engalanadas coas alfombras florais elaboradas pola veciñanza, ata rematar na praza de San Mauro, xunto a outra igrexa da vila.
Durante a procesión, o tráfico estaba regulado pola Policía Local do Barco.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.
