DeportesÚltima hora

Ana Basalo, das Escolas Deportivas de Trives, prata no galego de atletismo Sub14

 

Cun balance moi positivo remataban o Campionato de Galicia Sub14 en pista, que se desenvolvía no Barco este 7 de xuño, os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que compiten coa camiseta do Club Adas Cupa.

Destacaba a prata conquistada por Ana Basalo González en disco cunha marca de 24.77( MMP). Ademais conseguía un 5° posto en peso ( 7.61. MMP). Moi preto do podio quedaba tamén Nicolás Eduard Lascu, ao situarse cuarto en peso cunha marca de 10.89( MMP) e tamén en xavelina, cun lanzamento de 25.46(MMP).

Pola súa banda, Alejandra Prieto Fernández quedaba terceira na súa serie nos 500m, cun rexistro de 1:41.45(MMP). “Non se pode pedir máis, están entre os 5 primeiros de Galicia, temos uns deportistas incribles, cada día sorpréndennos. Grandes!”, resalta o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

 

Back to top button