Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Novo adestramento de orientación para socios do club Our-O, o 14 de xuño na Veiga de Cascallá (Rubiá)

O club valdeorrés de orientación Our-O presenta unha nova xornada, e van 6, de adestramento para socios. Trátase dunha actividade de fin de semana para nenos a partir de 8 anos, con posibilidade de escapadas a competicións.

A cita será o 14 de xuño a partir das 10:30 horas na Veiga de Cascallá (Rubiá). “Esta vez saímos ao monte e incorporamos outro percorrido de iniciación de menos de 3km por se alguén quere probar”, explica o responsable do club, Pablo Aller.

 

Back to top button