
Segundo accidente mortal na provincia neste venres 12 de xuño. Unha persoa faleceu e outra resultou ferida de gravidade tras sufrir unha saída de vía co seu coche en Vilardevós, segundo indican dende o 112 Galicia, explicando que foi un particular quen informou deste accidente, pasadas as 19:15 horas desta tarde. “Un turismo acababa de saírse da vía na estrada que conduce de Vilardevós a A Trabe, á altura da parroquia de Berrande”, dixo, explicou durante a chamada que “un dos ocupantes podía estar falecido e que a situación doutra persoa implicada era moi grave”.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Gudiña e dos voluntarios de Protección Civil de Vilardevós.
“Os medios desprazáronse rapidamente ao punto do accidente e informaron de que as persoas estaban liberadas e accesibles, mais os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento dun implicado. A outra persoa resultou ferida grave”, conclúen dende o 112.
