DeportesPiraguismoÚltima hora

Jesús Rodríguez (Fluvial Barco), subcampión en sénior K-1 no 57º Descenso do MIño de Ourense

Foto: Fegapi.

 

Podio valdeorrés no 57º Descenso do Miño de Ourense, que se celebraba na tarde do 13 de xuño, a partir das 17h. e con saída dende Os Peares. Nesta competición, Jesús Rodríguez León, do Club Fluvial O Barco, facíase co segundo posto na categoría K-1 sénior (cunha distancia de 16.000 m), na que se impoñía Guillermo Alonso Canteli,do Club de Piragüismo Olívico. A terceira posición correspondíalle a Víctor Gaitán, do mesmo club.

A regata contaba cunha ampla participación, coa presenza de 30 equipos, 249 embarcacións e un total de 335 deportistas, de diferentes categorías e modalidades. A competición disputábase nas categorías cadete, xuvenil, sénior e máster, tanto en categoría masculina como feminina, con embarcacións K-1, K-2, C-1 e C-2, sobre distancias de 7.500 e 16.000 metros, segundo a categoría e modalidade.

Back to top button