
As fortes e intensas chuvias das tormentas que descargaban esta tarde na provincia de Ourense tamén están tendo graves consecuencias na zona de Viana do Bolo. Así, a estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) está arestora cortada xa que o caudal do río Camba, que circula próximo a ela, que se desbordou.
“Está Pradocabalos inundado, O Castro tamén, caeu outra vez o monte que caira na Bouza, volveu a caer e isto é unha hecatombe”, sinala o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila, que tamén di que se teme poida caer a ponte.
No lugar está a Garda Civil, entre outros efectivos de emerxencia, e estanse a desviar os vehículos, entre eles moitos camións, pola estrada de Vilariño de Conso, xa que a que vai por Pixeiros, está tamén cortada.
En canto se teñan máis datos ampliarase información.

