Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Celebración do “Día da Montaña Galega”- XXIV Aniversario “Unha Aperta a Trevinca”, o 27 de xuño

Imaxe do Macizo de Trevinca./ Cedida.

 

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca promoverá, un ano máis, unha actividade deportiva e medioambiental moi especial: o “Día da Montaña Galega”-XXIV Aniversario “Unha Aperta a Trevinca”. Será cunha marcha ao teito galego o vindeiro sábado día 27 deste mes de xuño.

Son moitas as razóns que levan ao club a promover esta iniciativa, unha delas é seguir demandando a declaración das Montañas de Trevinca-A Veiga coma Parque Natural. “Non só por ser Pena Trevinca-Cima de Galicia un merecido símbolo da natureza da montaña galega, senon tamén, por tódalas razóns que concorren nela, coma son, a súa flora, fauna e avifauna, e por ocupar un lugar destacado e recoñecido na península Ibérica coma segunda referencia no que ser refire o glaciarismo, destacando polos seus fermosos e profundos vales glaciais así como polas súas numerosas lagoas de montaña”.

Nesta ocasión o percorrido desta ruta de alta montaña, de 24,8 km, será Vilanova (A Veiga) – Pico do Maluro – Lombo do Rocín – A Valigota – Pena Trevinca – Sestil Alto – Vilanova.

O programa será o seguinte:

09:00 h Lugar de reunión en Vilanova (Comezo das Rutas de Montaña)
13:00 h – 13:30 h Chegada a Pena Trevinca.
14:00 h Saída de Pena Trevinca.
18:00 h Chegada Vilanova e clausura da actividade.

Máis información sobre a actividade e inscricións
https://www.montanasdetrevinca.es/06-dia-da-montana-galega/

Back to top button