AutomobilismoDeportesÚltima hora

A primeira Subida Ribeira Sacra de Chantada celebrarase do 10 ao 12 de xullo

 

A primeira edición da Subida Ribeira Sacra de Chantada disputarase os días 10, 11 e 12 de xullo sendo puntuable para o Campionato de España de Montaña CEM-AutoHebdo, certame que reúne aos mellores pilotos españois, aos que se sumarán os autonómicos dentro do Trofeo Exklusive Auto-Talleres Convento.

“Por iso podemos asegurar que automobilismo de montaña está de parabéns cunha competición que, baixo unha nova denominación, mantén intacta a esencia máis pura do motor galego ao disputarse no clásico, esixente e espectacular trazado da ribeira chantadina”, din dende a organización, asegurando que esta primeira edición “promete emocións fortes e unha inscrición de auténtico luxo”.

A rampla lucense converterase no epicentro do motor nacional, congregando aos mellores pilotos de España e de Galicia e unha cita na que os afeccionados poderán desfrutar dunha batalla ao milímetro na que se decidirán os cronos máis axustados da tempada nunha contorna natural e vitivinícola único como é a ribeira.

 

 

Back to top button