As pistas de atletismo de Pereiro de Aguiar (Ourense) acollían na pasada fin de semana unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia Absoluto, unha cita que, “malia contar con importantes ausencias debido aos compromisos internacionais de boa parte das principais figuras do atletismo galego, volveu demostrar o excelente estado de saúde da nosa atletismo, ofrecendo competicións de gran emoción e marcas de notable nivel técnico”, segundo destacada a Federación Galega de Atletismo.
O campionato estivo marcado por actuacións de enorme calidade, destacando especialmente dous novos récords galegos e numerosas mellores marcas persoais, confirmando a progresión dunha nova xeración de atletas que aproveitaron a oportunidade para reivindicarse.
Entre os podios non faltaban os valdeorreses. Así Mateo Valcarce Fernández (Club Adas Cupa do Barco) facíase coa prata nos 5.000 m marcha, cun rexistro de 21:30.86, só superado por Nicolás Collazo (Ames Atletismo), cunha marca de 20:02.46 (MMP).
Tamén prata para Sara López (Adas), nos 5.000 cunha marca de 19:06.83. Ademais outros resultados destacados da participación valdeorresa eran os quintos postos de Nerea Fernández (3.20 MMT) en pértega e Ángela Arias en peso (4 kg). Cabe mencionar así mesmo a actuación de Tania Peláez nos 100 e 200 m, Aaron Pérez nos 100, así como o sexto posto de Emilio Pérez na final de 5.000 m e o noveno de Nicolás Arias na pértega.
Fotos: FGA.

