
Na mañá deste luns 29 de xuño resultaba ferido grave o condutor dun tractor envorcado en Lobios, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que o home era evacuado en ambulancia “con varios traumatismos e fracturas”.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso producíase preto das 10 horas no lugar dos Torneiros. “O vehículo agrícola que manexaba o señor envorcou e quedou atrapado debaixo”, explican, indicando que solicitaban a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Lobios. “Con todo, á chegada do equipo de rescate, a persoa estaba xa liberada e tras recibir os primeiros coidados era trasladada en ambulancia ao Hospital de Ourense”.

