ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá agarda poder recibir a visita da Raíña Dna. Sofía ao espazo de Oulego restaurado co financiamento da fundación que preside

Alvariza.

 

En agosto de 2024 a Fundación Reina Sofía, por iniciativa de S.M. a Raíña Dona Sofía, activaba un fondo de emerxencia para contribuír á recuperación medioambiental e social tras os incendios forestais rexistrados en distintas zonas de España. A idea desta primeira acción, era “acometer xunto á Xunta de Galicia labores de reforestación e restauración nas provincias de Ourense e Lugo”.

 

Zona queimada polos incendios.

 

A contribución de 65.000 euros que recolle o convenio asinado coa Xunta, achegada pola Fundación Raíña Sofía con destino a dúas actuacións a ser executadas pola Xunta de Galicia: unha en Ourense, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (comarca de Valdeorras), para “rehabilitar e poñer en funcionamento unha alvariza -construción tradicional que garda de osos e depredadores un conxunto de colmeas”; e outra na Serra do Courel de Lugo, integrada na Reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, para “reforestar zonas queimadas con bosque autóctono de frondosas”.

 

Sinatura do convenio coa Xuntra de Galicia.

 

No marco da visita da Raíña Dona Sofía ao Castro Caldelas, o enclave da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra, Serras do Oribio e do Courel, a Fundación Raíña Sofía anunciaba o desenvolvemento do proxecto, de “recuperación do bosque autóctono na Serra do Courel, unha das áreas de maior riqueza ecolóxica do noroeste peninsular que resultou seriamente danada polos incendios forestais ocorridos en 2022. Unha actuación que se une á referida na comarca de Valdeorras, seriamente afectada polos incendios de agosto de 2025.

Dous entornos que agardan poder recibir a visita da Raína, unha vez rematadas as iniciativas.

 

A Raíña, Dna. Sofía, plantando unha árbore.

 

Fonte: Fundación Reina Sofía.

Back to top button