
O Adas do Barco seguirá levando o nome de Cupa. Esta mañá asinábase nas pistas de altetismo Luis Nogueirado Barco un novo convenio de colaboración, correspondente ao 2026, deste grupo empresarial con esta entidade deportiva e coa Federación Galega de Atletismo para continuar fomentando e impulsando este deporte en Valdeorras. O acto da rúbrica contaba coa presenza do presidente do club, Agustín González “Tinín” e do representante de Cupa, Eliseo López.
Ademais, despois, facíase unha foto de familia na que ambos estaban acompañados por unha boa representación de atletas das diferentes categorías deste club, dende a base ata os veteranos.
Así, entre os presentes había atletas das Escolas Deportivas do Barco, das Escolas Deportivas de Trives co seu adestrador Tino Sierra e das Escolas Deportivas da Rúa. Tamén estaban o marchador Mateo Valcarce e o velocista Aaron Pérez, xunto con atletas xa veteranos como é o caso de Paco Bao.
