Superando o número de participantes que o ano pasado, un total de 21 equipos, distribuídos en sete grupos, participan nesta fin de semana na III edición do Torneo Futsal Vila do Barco, no pavillón municipal de Calabagueiros.

Trala previa cos partidos de equipos base da contorna, ás sete da tarde deste venres 3 de xullo comezaba o torneo co partido entre os equipos Chombo e Aldente. Unha hora despois era a quenda do seguinte partido e así, cada hora un ata as catro da mañá co partido entre Tramación FS e A Modiño.

Mañá será unha xornada de sábado intensa, con partidos dende as nove da mañá (Rayo Valdeorras-Miel Carracedo) ata as sete da tarde (Amigos Durán-Bar Syros). De oito a tres da mañá do domingo será os partidos de oitavos de final.

E xa o domingo, de 9 a 12 horas disputaranse os partidos de cuartos de final; de 13 a 14 horas haberá sersión vermú con música de Os Piñeiros e paella; de 14 a 16 horas as semifinais do torneo feminino; de 16 a 18 horas as semifinais do masculino; e de 19 a 21 horas as finais, feminina e masculina, respectivamente.

Fotos: Carlos G. Hervella.
