
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantiña unha reunión coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, para abordar as actuacións que están a desenvolverse no seu municipio, orientadas a reforzar o seu atractivo turístico e a mellorar a experiencia dos peregrinos que o percorren.
Durante o encontro se abordaron varias citas festivas de carácter local, como o Pisado e Prensado da Uva en Lagar Rupestre, típico deste municipio, así como o reforzo ao proxecto de Recunchos máxicos de miradoiros de cara a diversificar a oferta turística e potenciar os recursos naturais de Oímbra.
Tamén analizaron as actuacións que está a levar a cabo Turismo de Galicia no Camiño de Santiago, concretamente no Camiño Mozárabe-Vía da Prata, que percorre Oímbra. No que vai de ano, máis de 4.000 peregrinos percorreron esta ruta xacobea.
