Unha vez rematada a tempada e aproveitando o cambio de céspede no terreo de xogo (aínda pendentes de rematar as obras), o campo de fútbol do Agro acollía neste sábado 4 de xullo a III Xuntanza do CD Trives.



Como en edicións anteriores, pola mañá disputábanse partidos (benxamín, alevín, infantil e sénior) destacando o do CD Trives A e B e despois, unha vez feita a foto de familia, tiña lugar o xantar que reunía a unhas 120 persoas, todas con algunha vinculación do club de fútbol trivés, xente da zona e tamén doutros puntos como O Barco ou A Rúa, xogadores e ex xogadores, directivos, afeccionados,… Tamén estaba a alcaldesa, Patricia Domínguiez, e varios concelleiros do equipo de goberno da Pobra de Trives.

E tralo xantar celebrábase o sorteo de camisetas e equipacións donadas por outros clubs.


Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.
